Somos un Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro
Queres saber que significa todo isto?
Os Centros Especiais de Emprego son empresas que teñen como obxectivo proporcionar ás persoas traballadoras con discapacidade a oportunidade de desenvolver un traballo produtivo remunerado e adecuado ás súas características persoais.
ASCM Ferrolterra é un Centro Especial de Emprego nado, en 2014, da Asociación Sociocultural ASCM, unha entidade sen ánimo de lucro que ten coma principal obxectivo:
A plena inclusión das persoas con discapacidade, fomentando a súa participación de forma activa.
ASCM Ferrolterra destaca polos seus servizos de transporte adaptado; favorecendo a mobilidade das persoas con discapacidade e empregando a persoas do colectivo para o desenvolvemento e prestación de dito servizo.
Contacta connosco para desprazarte a:
Centros de Día
Consultas médicas
Actividades lúdicas
E moito máis... Transportamos persoas, transportamos inclusión. Buscamos garantir os dereitos de mobilidade e autonomía. Non dúbides en contar connosco para contratar o teu servizo de transporte adaptado.